Segunda victoria consecutiva do Camelle na casa nun partido que debiu golear e rematou case que pedindo a hora.
- CAMELLE: Carlos, Adrián, Coruña, Mauri, Buri, Iván, René, Sergio (Alberto, min.82), Mario, Varu e Barreiro.
- LIRA: Miguel Anxo, Santi, Edu, Pelexo, Abel, Yerai (Ancho, min.55) Fernando, Suso, Patachín, Miche (Oscar, min.55), Gabri e Fran Petete.
- Goles: 1-0, min.10: Barreiro, 2-0, min.55: Barreiro, 2-1, min. 70: Fran Petete.
Empezou moi ben o partido o Camelle, xogando o balón dende atrás e facendo un xogo bastante bó, con rápidas incursións polas bandas e con moita sensación de perigo no seu xogo. Froito deste bo xogo, chegou o primeiro gol do partido (claramente ilegal, xa que primeiro rematou coa man e segundo o balón non chegou a traspasala liña de gol) obra de Felipe, moi protestado polo Lira. Esta xogada fixo cambiar o partido, xa que o Lira empezou a presionar mais arriba e a controlar mais o mesmo, ainda que sen crear perigo, pero, pola contra, fixo que o Camelle se mostrara mais incisivo e perigoso, con internadas constantes as costas da defensa liracha, e onde poido sentenciar con múltiples ocasións de gol (pódense contar dúas ou tres ocasións claras de Mario, Varu e Barreiro cada un).


De novo a nosa afeción estivo moi ben, animando durante todo o encontro e volcándose cos nosos xogadores .
Os mais destacados do partido foron Sergio, René e Barreiro, tamén quero destacar os dous rapaces que xogaron nos laterais (Adrián e Buri) a pesar de non ser o seu posto e que o fixeron moi ben.
1 comentario:
Vamos millorando pouco a pouco,non hay que desesperarse.¡Sorte e adiante machotes¡
Publicar un comentario