lunes, 14 de noviembre de 2011

Crónica 14ª xornada

Segunda victoria consecutiva do Camelle na casa nun partido que debiu golear e rematou case que pedindo a hora.
  • CAMELLE: Carlos, Adrián, Coruña, Mauri, Buri, Iván, René, Sergio (Alberto, min.82), Mario, Varu e Barreiro.
  • LIRA: Miguel Anxo, Santi, Edu, Pelexo, Abel, Yerai (Ancho, min.55) Fernando, Suso, Patachín, Miche (Oscar, min.55), Gabri e Fran Petete.
  • Goles: 1-0, min.10: Barreiro, 2-0, min.55: Barreiro, 2-1, min. 70: Fran Petete.
Empezou moi ben o partido o Camelle, xogando o balón dende atrás e facendo un xogo bastante bó, con rápidas incursións polas bandas e con moita sensación de perigo no seu xogo. Froito deste bo xogo, chegou o primeiro gol do partido (claramente ilegal, xa que primeiro rematou coa man e segundo o balón non chegou a traspasala liña de gol) obra de Felipe, moi protestado polo Lira. Esta xogada fixo cambiar o partido, xa que o Lira empezou a presionar mais arriba e a controlar mais o mesmo, ainda que sen crear perigo, pero, pola contra, fixo que o Camelle se mostrara mais incisivo e perigoso, con internadas constantes as costas da defensa liracha, e onde poido sentenciar con múltiples ocasións de gol (pódense contar dúas ou tres ocasións claras de Mario, Varu e Barreiro cada un).

Non variou apenas o guión na segunda metade, só destacar a magnifica aportación de Sergio, que cada vez que collía a pelota xeneraba unha ocasión, mentres que René e Iván se facían donos do medio do campo. Nunha boa xogada do equipo Sergio dou un perfecto pase as costas da defensa que Barreiro converteu no segundo gol da súa conta. E poideron ser mais, pero continúa moi fallón o noso “killer” e non foi quen de aprobeitar outras dúas bastante claras. Non se rendeu un Lira moi combatibo e recurtou distancias nunha boa xogada por banda que o seu dianteiro rematou a pracer (na miña opinión en fora de xogo). Ainda tivo o Camelle mais ocasións, nas botas de Varu e cun tiro o longueiro de Sergio. Nos minutos finais apretou o Lira, que se vía cun solo gol de desventaxa, en pos do empate, pero non tivo claridade nos últimos metros.

De novo a  nosa afeción estivo moi ben, animando durante todo o encontro e volcándose cos nosos xogadores .

Os mais destacados do partido foron Sergio, René e Barreiro, tamén quero destacar os dous rapaces que xogaron nos laterais (Adrián e Buri) a pesar de non ser o seu posto e que o fixeron moi ben.

1 comentario:

Prix dijo...

Vamos millorando pouco a pouco,non hay que desesperarse.¡Sorte e adiante machotes¡