jueves, 17 de noviembre de 2011

Previa 15ª xornada

Decimoquinta xornada de liga na terceira da Costa e o Camelle ten un difícil desplazamento a Carnota. 

Comezou o Carnota de maneira un tanto irregular o campeonato, xa que estaba chamado a acadar o ascenso directo e o título de campeón despois de descender o ano pasado de segunda e ser o equipo con maior presuposto de toda a categoría. Sen embargo está en postos de promoción e moi cerca do líder e, seguramente acabará cumplindo coas expectativas, polo que o partido será moi complicado para o noso equipo, ainda que vai con toda a ilusión de poder lograr algo positivo de Carnota ou, polo menos, deixar unha boa imaxe e non traer na saca os catro goles que acostuma cando xoga fora.

"Lombáns" de Carnota
O partido desputarase no campo de “Lombáns” de Carnota (90x57m), de herba artificial. As cores oficiais do Carnota son camisola azul e blanca e pantalón azul.

15ª Xornada:
     - Fecha e hora: Domingo 20 de Novembro ás 16:15 horas
     - Campo: “Lombáns” de Carnota (sintético)
     - Previsión meteorolóxica: ceos con nubes e claros, vento frouxo do noroeste, tempertura sobre 14º.
     - Árbitro: Reborido Rodriguez, Rubén

No hay comentarios: