viernes, 3 de febrero de 2012

Previa 25ª xornada

Vixesimoquinta xornada de liga na terceira da Costa e o Camelle ten un difícil desplazamento a Louro. 

Está sendo o Montelouro un dos equipos que están loitando polo ascenso, ainda que leva duas semanas sen acadar bos resultados, polo que sairán coa intención de revertir esa situación para non verse sen opcións ó final da tempada. Intentará o Camelle seguir coa senda de xogo inciada en Outes e coa de resultados que empezaron a semana pasada contra o Corcoesto dende a chegada do novo entrenador, co que os rapaces do Pupus intentarán darlle a volta o 1 a 5 que nos endosou o Montelouro na primeira volta.
"Agra da Filgueira" en Louro (Muros)


O partido desputarase no campo de “Agra da Filgueira” de Louro (90x57m), de area. As cores oficiais do Montelouro son camisola e pantalón brancos.

25ª Xornada:
     - Fecha e hora: Domingo 5 de Febreiro ás 16:15 horas
     - Campo: “Agra da Filgueira” de Louro (area)
     - Previsión meteorolóxica: ceos anubrados con chuvias febles, vento moderado do noroeste, tempertura sobre 12º.
     - Árbitro: Benito Martinez, Raúl

No hay comentarios: