lunes, 20 de febrero de 2012

Crónica 27ª xornada

Derrota do Camelle na casa diante dun Coristanco que non fixo méritos para un resultado tan engañoso.
  • CAMELLE: Carlos de Dido (Iván, min. 46), Diego, Coruña, Manuel, Mauri,  René, Varu, Adrián, Jose , Sergio e Mario.
  • CORISTANCO: Pombo, Iván, Germán, Óscar, Arantón, Pazos, Luis, Sergio (Castro, min. 65), Benítez  (Marcos, min. 75) , Mallón  (Adrián, min. 60) e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.1: -, 1-1, min.10: Mario (de penalty), 1-2, min. 20: -, 1-3, min.25: -.
Mal partido o visto no municipal de Camariñas e no que os "pataqueiros" se impuxeron ó aproveitar mellor as súas ocasións.

I é que non pudo empezar peor o partido para os nosos que recibían o primeiro gol cando case estaban na caseta, no primeiro minuto e nun gran lanzamento de falta que foi imposible para o noso porteiro. Pero repuxeron a igualada no marcador ó pouco os nosos ó transformar Mario un claro penalty cometido sobre Jose. Sen embargo o xogo do Coristanco non lle viña nada ben ó Camelle, xa que eles se dedicaban a mandar balóns arriba para peinalas de cabeza cara os seus dianteiros, onde as ganaban todas debido a súa maior altura. E foi así como chegaron os seus goles e tódalas ocasións de perigo que xeraban, e que en dúas accións desafortunadas, e case que consecutivas, en dous balóns que non foi quen de atallar Carlos, conseguían o un a tres case que sen merecemento. Xusto co pitido do descanso pudo recurtar distancias Mario nunha gran acción individual dende o medio do campo, desfacendose de varios rivais, tirando unha parede con Jose coa que se plantou só diante do porteiro pero no que o disparo final se lle foi por riba da portería por moi pouco.

Cambiou moito o partido no segundo tempo xa que o Coristanco nun volveu a ter ningunha ocasión de gol debido a que o Camelle subiu a liña defensiva moitos metros e os seus balóns en largo sempre ían para o Coruña (que sustituíu na portería a Carlos), e as xogadas que intentaban foron ben cortadas por unha defensa que mellorou neste segundo periodo. Outra cousa foi o ataque, no que non encontrabamos a maneira de entrar na sólida defensa visitante, só en lanzamentos lonxanos se creou perigo, especialmente en dous tiros a porta de René, un que se foi ó longueiro despois de rozalo o porteiro e outro que pasou moi cerca do pau.


Volver a destacar dende aquí a magnífica afeción do Camelle que apesar da situación na taboa do equipo, e do desprazamento que hai que facer ata Camariñas cada partido que se xoga "na casa", segue acudindo a animar ós nosos xogadores coma o primeiro día. GRACIAS AFECIÓN!!!!.

No hay comentarios: