martes, 14 de febrero de 2012

Crónoca 26ª xornada

Xusto empate o acadado no partido do Domingo por un bo Camelle.
  • CAMELLE: Carlos de Dido, Diego, Coruña  (Juanjo, min.65), Manuel, Mauri,  René  (Buri, min.50) , Varu, Jose  (Alvaro Pantera, min.85) , Sergio, Mario, e Barreiro.
  • VOLANTES:Iago, Fran, Paquy, Maikel (Mou, min. 70), Fran, Brais, Ramón, Nimo, Ivi, Piti e Javi (Pardelo, min. 60).
  • Goles: 1-0, min.20: Varu, 1-1, min.30: Piti, 2-1, min. 40: Sergio, 2-2, min.57: Ivi.
Viuse un bo partido este Domingo no municipal de Camariñas cunha parte para cadas equipo e con ocasións repartidas.

Empezou moi ben o Camelle ben plantado no campo e sen deixar que os bos xogadores muradans despregaxes o seu xogo de toque, movendo o balón con criterio e facendo algunha xogada de mérito. Froito dunha desas boas convinacions chegaba o primeiro gol do partido por medio de Varu, que dende a frontal da área lanzou raso e axustado ó pau onde non chegou o porteiro visitante. Seguía o partido por esos derroteiros cando nun despiste defensivo conseguíu o Volantes o empate por medio do seu xogador mais determinante ó quedarse completamente só diante de Carlos. Non desfaleceu o equipo que seguía a facer o seu xogo cando por medio dunha xogada xa clásica entre Mario e Barreiro este último cedíalle o balón a Sergio para que fixese o un a duos co que se chegou ó descanso.

E foi tamén no descanso cando cambiou o encontro, xa que René resentiuse dun forte golpe recibido na primeira metade e tivo que ser cambiado; a restructuración do equipo unido o feito de xogar cun forte vento en contra fixo que o equipo se botase mais atrás e non combinase como ó principio. Ainda así tivo as súas ocasions en dous lanzamentos de Barreiro que sairon por moi pouco. Pero entre a calidade do Volantes e o empuxe que imprimiron ó partido para non verse descolgados dos postos de promoción de ascenso, conseguiron empatar o encontro e ter algunha que outra ocasión para levarse os tres puntos pero que un acertadísimo Carlos de Dido impediu con boas paradas e coa tranquilidade que impoñía na portería.


A nota negativa do partido foi a expulsión de Barreiro por dúas accións tontas do árbitro onde o mais perxudicado foi él e que, esperemos, non acarren unha suspensión maior ó partido que lle correspondería.

No hay comentarios: