miércoles, 23 de noviembre de 2011

Crónica 15ª xornada

Non acadou un bo resultado o Camelle na súa visita ó campo de Lombáns.
  • CARNOTA: Peipo, Urko (Pumuki, min.44), Pedro, Manolo, David Brea, Borja Santos (Jacobo, min.75), Joselu (Tono Goyanes, min.40), Rodrigo (David Castreje, min.90),Tono da Caixa, Manuel Luís (Raúl, min.85) e Manoliño.
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri, Valiña, Buri, René, Alvaro Pantera, Alvaro, Mario, Jose e Sergio.
  • Goles: 1-0, min.33: Manoliño, de penalti; 2-0, min.75: Pumuki; 3-0, min.79: Manoliño, de penalti; 4-0, min.85: Rodrigo.
Non mereceu traer un resultado tan abultado o Camelle de Carnota, e non porque non dispuxeran os carnotáns de ocasións, senon polo propio desarrollo do partido. Presentouse o Camelle con só once xogadores e co porteiro tocado (ainda que a postre sería o mais destacado) e contando coa volta de Jose do Gati despois da longa lesión que o tivo apartado dende o segundo partido de liga. Pero ainda así non se amedrentaron os xogadores de Camelle e tutearon durante prácticamente todo o partido a un dos “gallitos” da categoría.

Poucas ocasións houbo na primeira metade, nas que un balón ó pau foi o mais destacado dun Carnota que se adiantou no marcador pasada a media hora cun penalti inexistente por mans de René cando o balón lle dou claramente nas costas. Poucas mais ocasións tiveron ambos equipos durante esta primeira parte na que o Carnota dominou moito o centro do campo pero sen profundidade e, ademais, tivo que facer dous cambios. O Camelle apenas se acercou a portería local mais que en lanzamentos lonxanos.

Cambiou o decorado na segunda metade na que o Camelle foi durante gran parte da mesma o dominador do xogo, e cun Carnota mais directo que se encontrou co acerto da Carlos na nosa portería. Durante esa media hora na que lle aguantaron as forzas ós nosos, o árbitro (moi mal durante todo o partido) deixou de sinalarnos dous penaltis, un moi claro ó desviar coa man un xogador carnotán un lanzamento que ía dentro, e outro mais difícil de ver pero no que, nun saque de banda, un defensa agarrou e montou enriba de Jose. Nun mal despexe defensivo o balón quedou morto para que o Carnota conseguira o dous a cero e con él tamén morreu a esperanza dos nosos de acadar algo positivo, co que a falta de forzas, a mellor condición local (o Carnota fixo outros tres cambios na segunda parte) e a desilusión finiquitou o encontro. Ainda chegaría un terceiro gol de penalti (que foi moi claro pero no que o xogador do Carnota partira en fora de xogo) e un cuarto e defitivo case co pitido final, ademais da expulsión da Álvaro Pantera por dicirlle ó colexiado que non vía unha. Tamén hai que decir que co tres a cero o árbitro non pitou un clarísimo penalti de Cristian sobre o dianteiro Carnotán.
Os mais destacados do partido foron Carlos Purrúa, e a volta os terreos de xogo de Jose, que vai a aportar moito ó noso equipo.

Temos agora unha xornada de descanso para afrontar dous partidos en tres días e cerrar prácticamente a primeira volta. Esperemos que esta sirva para recuperar a algún xogador que nos está a facer moita falta, xa que ainda non sabemos o potencial que pode ter o noso equipo porque en toda a tempada ainda non tivo a todos os xogadores disponibles.




No hay comentarios: