martes, 8 de noviembre de 2011

Crónica 13ª xornada

Nova derrota do Camelle no municipal Cabo da Area de Laxe
  • LAXE: Illote, López, Ventura (Oscar, min.75), Antonio Castro, Jaja, Adán, Jacinto, Iván, Darío, Naya (Felipe, min.46) e Zurich (Gándara, min.86)
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri, Carlos (Buri, min.50), Adrián, René, Mario, Barreiro, Coruña (Alvaro Pantera, min.65), Valiña e Sergio (Varu, min.46).
  • Goles: 1-0, min.60: Darío; 2-0, min.70: Felipe; 3-0, min.80: Felipe: 4-0, min.86: Zurich.
Non sacou nada positivo o Camelle en Laxe onde sufrimos unha merecida derrota na segunda metade. Comezou ben plantado o equipo no primeiro tempo non concedendo ningunha ocasión clara ó Laxe ata case rematar este periodo, na que tivo unha moi clara pero o dianteiro só fronte a Carlos non foi quen de enviar o balón dentro da nosa porta. Antes tivo o Camelle as súas, en dous avances de Felipe que non tivo a sorte de cara, nunha porque golpeou mal o balón e outra que sacou a defensa debaixo dos paus cando o porteiro local xa estaba batido.

Pero chegou a segunda metade na que nada mais comezar lesionouse Carlos de Dido. Debido a que non tiñamos defensas no banquillo tivo que recompoñerse o equipo cun cambio de posicións dos xogadores do medio do campo, o que levou a que o Camelle se borrara prácticamente do partido ata case o final, dónde cando quixo reaccionar xa tiña apañado catro goles que son a condena que temos que sufrir cando xogamos fora de Camariñas.

Non hai que darlle mais voltas e xa toca pensar en recibir a semana que ven ó Lira, un equipo que está a padecer as mesmas dificultades que nós no que vai de tempada.
O mais destacado do encontro volveu a ser a nosa afeción, que aguantou estoicamente o chaparrón

No hay comentarios: