miércoles, 2 de noviembre de 2011

Crónica 12ª xornada

Segunda victoria do Camelle nun derbi moi loitado e con moi pouco futbol.
  • CAMELLE: Carlos, Coruña, Mauri, Carlos, Cristian, Valiña, Iván, Adrián (Buri, min.45), Barreiro, Mario, René.
  • XAVIÑA:Pablo, Sergio, Chapu, Caamaño, Jallejo, Búa, Juan Antonio, Ángel, Elvis, Frutos e Martín.
  • Goles: 1-0, min.90: Mario.
Victoria moi traballada nun partido moi loitado e moi malo por parte dos dous equipos. Empezou o partido sen un dominador claro pero cun xogo sen interrupcións e con algunha ocasión, unha moi clara de Barreiro que encarou o porteiro do filial do Camariñas e o seu tiro saiu a rentes do pau, e outra do Xaviña que enviou o balón ó longueiro cun tiro dende fora da área.  Tivo despois outra ocasión Felipe que tampouco foi capaz de enchufar e ahí rematou practicamente o futbol para converterse o partido nunha loita de balóns largos, choques, interrupcións e protestas que non beneficiaron o xogo de ningún dos dous equipos.

Apenas houbo ocasións na segunda metade salvo outra clara de Barreiro na que lle sobrou un recorte cando xa o tiña practicamente feito. O Xaviña só o intentou a base de balóns colgados en faltas laterais (que houbo infinidade) pero que o Camelle defendeu a perfección. E no último minuto e tamén nun centro lateral ó saque dunha falta, foi Mario o que acertou a rematar de cabeza ó fondo das mallas da portería visitante o gol que nos dá os tres puntos e un pouco de tranquilidade para afrontar os próximos encontros.

Estivo tamén moi reñido o duelo na grada do Hermanas Patiño, que rexistrou unha magnifica entrada e onde as dúas afecións se fixeron oir animando ós seus.

Non sabría se destacar a ninguén xa que foi un dos peores partidos do noso equipo, pero pola importancia do gol que nos fai sumar tres puntos e porque leva doce partidos loitando como un león, peleandose contra tódalas defensas rivais e con só unha tarxeta amarilla (ainda que pareza increible esto último), o mais destacado do partido foi Mario.

No hay comentarios: