Xa vai de varias veces que escoito unha "discusión" entre os nosos afecionados sobre un tema que me ten intrigado.
Resulta que o Camelle ten opcións de acadar un ascenso histórico para a entidade, feito endexamais acadado ata o de agora polos distintos equipos que representaron através de distintas épocas ó Camelle.
Pois resulta que non todo o mundo considera adecuado que, en caso de finalmente lograr dito feito, se pasase a xogar na liga da costa, porque a liga sería moito mais complicada, os desprazamentos mais longos, e temen que o equipo perda folgos e siareiros. Por outra banda están os que consideran que sí se tería que aproveitar esta circunstancia mailas dificultades que entrañaría, pero que a desputa desta competición (sen dúbida a mais importante a nivel de futbol afecionado de toda España) compensaría todos os inconvintes.
A pregunta é: ¿Que pensdades vós?
Para eso habilítase unha enquisa na parte superior dereita deste blog para que expresedes a vosa opinión afirmativa ou negativa se tal feito (o ascenso por dereito propio conseguido ó final da tempada) se produce.
A VOTAR.....
4 comentarios:
Hay que subir, con dous collóns. Renunciar sería unha cobardía.
Subir
mirando os equipos que actualmente están na segunda, non hai tanta diferenza nos desplazamentos! e subir en 2 anos sería un gran mérito!
Sin ningunha duda: SUBIR!
Publicar un comentario