martes, 12 de marzo de 2013

Crónica 26ª xornada

Derrota dun Camelle ó que parece que non lle sentan ben os cambios de campo, na súa volta ó Rodeiro
  • CAMELLE: Purrúa, Javi, Iván, Valiña, Matías, Varu, Mario, Miguel, Jose (Tedín, min. 55), Sergio (Vuri, min. 70) e Adrián Tajes.
  • LIRA: Andrés, Javi de Milucha, Herminio, Fran de Muros, Santi, Suso Perico, Iago, Miguel, Michelón, Óliver, Fran Perico. (Tamén: Cristián, Pelexo e Javi)
  • GOLES: 0-1, min. 41 - Óliver. 0-2, min 65 - Suso Perico

Non foi quen o Camelle de marcar un gol a un Lira que recupera as sensacións da primeira parte do campionato e que se levou os tres puntos do Rodeiro con moita loita e un gran porteiro.

Xogou a primeira metade o Camelle a favor do vento e aproveitouno para poñer cerco a portería do Lira, pero cun dominio bastante infructuoso, xa que non era quen de conseguir que os seus lanzamentos, algún deles dende o centro do campo, fosen por entre os tres paus da portería dun Andrés que, ainda que só é o terceiro partido co Lira, acumula moita experiencia por diversos equipos da costa. Unha falta lanzada por Miguel e que atrapou o cancerbeiro e o rexeite doutra falta lanzada por Matías e que Sergio enviou mansamente as mans do mesmo cando estaba só, foron as mais perigosas ocasións do Camelle neste primeiro tempo. O lira tentaba estirarse un pouco pero apenas sen perigo. Un lanzamento desviado por Purrúa ó longueiro pero no que a xogada xa fora anulada por fora de xogo foi o mais destacado. Cando se chegaba ó remate un despiste defensivo foi aproveitado polo dianteiro liracho para prantarse só ante Purrúa e facer un cero a un sorprendente polo visto no partido.

Tentou sobrepoñerse o Camelle na segunda parte e tivo ocasións para levarse os tres puntos pero a mala definición cara o gol como nunha xogada na que Javi se interna pola banda dribando a varios contrarios e cedendo o balón a Sergio que se foi do defensa e do porteiro e, cando o mais facil era empurrar o empate, o seu tiro saiu pegado ó pau pero pola parte de fora. Consegiu o segundo gol o Lira no segundo lanzamento a porta que intentaba e coa axuda involuntaria de Purrúa, que esbarou cando ía a despexar o lanzamento de falta directa que , ainda que chegou a tocar o balón,  supoñía o cero a dous. E de aquí ó final o protagonismo foi, de novo, para o porteiro visitante, facendo intervencións de mérito. Un lanzamento de falta de Miguel preto da cepa do pau ou un tiro de Álvaro que entraba pola escadra son exemplos. O colofón foi a detención dun penalti e o posterior remate do rexeite a "bacajarro" a Matías.


A vindeira semana descansa o Camelle para afrontar o último treito da competición, no que terá que poñer toda a carne no asador para tratar de acadar a mellor posición posible.

No hay comentarios: