Nova victoria dun Camelle que espabilou levado en volandas pola afección..
- BAIÑAS: Damián, Simón (Adrián, min. 75), Samuel, Sancho, Esteban, Héctor, Luís, Cris, Dani (Diego, min. 70), Tasky, Fernando (Iván, min. 80)
- CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, Iván (Varu, min. 78), Mario, Jose (Tedín, min. 80), Miguel (Buri, min. 89), Javi Rañal (Sergio, min. 88) e Barreiro (Álvaro Pantera, min. 89).
- GOLES: 0-1, min. 11 - Manuel; 1-1, min. 56 - Héctor; 1-2, min. 60 - Mario; 1-3, min. 86 - Miguel
Non foi mellor o Camelle durante ochenta minutos e sen embargo ía gañando e poido acabar o partido goleando a un Baiñas moi serio.
Foi moi igualada a primeira metade con apenas duas ocasións para cada un dos equipos pero Manuel encontrouse un balón morto ó saque dun corner ós dez minutos e fusilou a portería local. Despois un remate de cabeza de Barreiro e un disparo de Jose foi o pouco que se acercou o Camelle a portería local. O Baiñas tampouco creou moito perigo, con dous lanzamentos de fora do área que se marcharon cerca da portería de Purrúa. Non estaba a ser un bó partido cun Camelle moi largo donde parecía que había dous bandos, un atacando e outro defendendo que non chegaban a entenderse.
Quedámonos coa victoria sobre o xogo e coa afección, que dando exemplo acude en masa a animar o noso equipo, facéndose notar pola cantidade, a deportividade e a animosidade. Seguide así que sodes a mellor afección do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario