Como se dun diario deportivo se tratara, temos unha nova de última hora do noso equipo, i é que o Camelle acaba de facer efectiva unha nova fichaxe para completar o seu plantel de cara a esta campaña e faino, ademais, cun xogador cunha importante bagaxe no futbol galego e que xa fora compañeiro da outra gran fichaxe deste ano (Miguel Riveiro).
Trátase de Francisco Javier Abeleira Mártinez, Javi Rañal, que o ano pasado xogou no Pastoriza, pero que coñece moi ben a costa, xa que ademais do Pastoriza ou o At. Arteixo, foi xogador do Cee e do Ponteceso, co que se proclamou campeón da Copa da Costa na tempada 2008.
Esta fín de semana podería xogar os seus primeiros minutos co Camelle ante o Corcoesto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario