domingo, 23 de septiembre de 2012

Crónica 4ª xornada

Merecida a victoria do Camelle nun partido con moito vento.

  • CAMELLE: Carlos de Dido, Adrián, Mauri, Valiña (René, min. 75), Matías, Varu (Alvaro Pantera, min. 82), Mario, Miguel, Jose (Tedín, min. 55), Sergio (Adrián, min. 62), Barreiro (Buri, min. 85)
  • CERQUEDA: Costa, Dani, Javier, David, Iván (Juanjo, min. 46), Diego, Manuel (Maikel, min. 46), Pazos, Iván, Jou, Héctor (Pichi, min.46)
  • GOLES: 1-0, min. 14 - Miguel; 2-0, min. 37 - Barreiro.

Nun sábado marcado polo aviso de temporal e con fortes rachas de vento do vendabal, consegiu o Camelle a terceira victoria consecutiva neste bo comenzo de campaña que está a realizar.

I e que xogou moito mellor o Camelle na primeira metade a favor do vento creando moito perigo na porta do Cerqueda. Ós oito minutos Varu enviaba o balón ó pau nun gran tiro dende fora da área, o rexeite mandouno Jose ó fondo da portería pero o árbitro anulouno por fora de xogo. Foi Miguel o que onte tirou polo equipo e cando ainda non se levaba un cuarto de hora consegiu o seu primeiro gol co Camelle no seu debut no campo do Rodeiro, rematando co peito unha falta lateral. Seguia xogando ben o Camelle tras o gol e loitando o Cerqueda contra o vento e un rival que o dominaba, cando Barreiro se foi do seu defensor, que tivo que agarralo para que non se prantara só diante do porteiro, gañandose a expulsión merecidamente. Cun mais o Camelle ainda tivo mais control, e nun perfecto pase de Miguel fixo Barreiro o segundo para os locais. Ainda poideron marcar outro nunha xogada perfecta a base de paredes entre os dous protagonistas dos goles pero o árbitro volveu a anula-la xogado por outro dudoso fora de xogo.

Na segunda parte, e aprobeitando xogar a favor do vento, intentou subir lineas o Cerqueda, pero non foi quen de crear nin unha sola ocasión de perigo diante dunha defensa Camellana moi seria apesar das numerosas baixas que acumulaba. Si fixo perigo o Camelle por medio de Jose, Varu ou Adrián Tajes, pero non fixo mais goles que poideran reflexar mellor o visto no terreo de xogo.


A afeción do Camelle de novo espectacular, desfrutando do equipo e da churrascada coa que o Camelle a agasallou tralo partido.

No hay comentarios: