martes, 28 de febrero de 2012

Crónica 28ª xornada

Nova derrota do Camelle na casa nun partido no que ningún dos dous equipos fixo méritos para gañar.
  • CAMELLE: Carlos Purrúa, Carlos de Dido, Manuel, Mauri, Adrián, René, Varu(Valiña, min. 55), Jose (Tedín, min. 75) , Sergio, Iván e Mario.
  • At. PEREIRIÑA: Simón, Jorge, Mateo, Álvaro Fiuza, Javichu, Riki, Javier, Victor, Poki, Néstor e Grille.
  • Goles: 0-1, min.72: Néstor.
Partido sen historia no que o Camelle tentou levar a iniciativa pero no que ningún dos dous equipos fixeron moito por levar os tres puntos.


Na primeira metade cabe destacar un gol anulado a Sergio non sabemos se por fora de xogo ou por falta previa ainda que non pareceu nin unha cousa nin outra e un lanzamento ó longueiro nunha falta do Pereiriña tras desviar o balón Carlos. Pouco futbol no segundo tempo onde o Peririña aprovietou a única ocasión que tivo para facer o gol que lle deu os tres puntos nun partido que ía para cero cero.

O único destacado do partido: Unha vez mais a afeción que acabou por ateigar as gradas do Hermanas Patiño.

No hay comentarios: