martes, 7 de febrero de 2012

Crónica 25ª xornada

Partido serio do Camelle en Louro pero sen resultado positivo.
  • MONTELOURO: Isma, Bolo, García, Teo, Pablo, Ferando, Dani, Denis (Edu, min.70), Chema (Álvaro, min.90), Rául (Pesco, min.75), e Jaro (Jose, min.80).
  • CAMELLE: Carlos de Dido, Diego (Juanjo, min.65), Adrián, Mauri, Manuel, Tedín (Alvaro Pantera, min.75), René, Varu, Sergio, Alberto (Cristian, min.50) e Mario.
  • Goles: 0-1, min.5: Adrián; 1-1, min.40: Jaro; 2-1, min.53: Denís.
Partido serio do Camelle en Agra da Filgueira no que non se conseguiu un resultado positivo, pero no que a imaxe do equipo sae reforzada xa que, neste tramo da tempada, a domicilio e ante equipos punteiros, estanse facendo as cousas de maneira seria e sen recibir as goleadas acostumadas fora do "Hermanas Patiño".

Foto: Edu Olveira. Fonte: Quepasanacosta
Empezou moi ben o equipo e marcou moi rápido na primeira ocasión que dispuxo por medio de Adrián, que fixo un gran gol cun centro-chut que sorprendeu o un dubidativo porteiro local. Se cadra o verse tan cedo por diante e ante un dos favoritos para o ascenso fixo que o equipo se cerrase mais atrás, deixando a iniciativa ó Montelouro, pero creando sensación de perigo por medio tanto da velocidade de Sergio como da loita de Mario na punta. Tampouco se pasaban grandes apuros en defensa e Carlos solventaba as chegadas locais con solvencia. Foi chegando ó descanso cando viñeron dúas xogadas que poideron ter cambiado o resultado do partido. Primeiro cunha clara man local dentro da área (recoñecida polos propios xogadores de Louro) que o árbitro non viu e despois co gol local, xogada na que o dianteiro leva o balón coa man e cede a un compañeiro que marca o empate.

Foto: Edu Olveira. Fonte: Quepasanacosta
Na segunda metade marcou moi cedo o Montelouro, o que fixo que o Camelle se tivera que abrir mais en busca do empate co que cambiou un pouco o partido. O Montelouro encontrou algún espacio mais as costas do noso equipo e o Camelle non conseguía facer ocasións de gol. Estas chegaron para cada equipo en forma de balóns ós paus (unha para cada equipo) en lanzamentos de falta. A do Camelle cun lanzamento de Adrián que pegou no longueiro. De ahí ó final incerteza nun marcador que xa non se movería, pero os nosos xogadores deixarono todo no campo e conseguiron que non se notaron as numerosas ausencias coas que nos presentamos en terras muradanas.
De novo salientar a presencia de numerosos afecionados de Camelle que non deixan só ó equipo en ningún dos seus partidos a pesares de que os resultados colleitados non son todo o bos que desexaríamos.

No hay comentarios: