Non acadou un bo resultado o Camelle na súa visita ó campo de Lombáns.
- CARNOTA: Peipo, Urko (Pumuki, min.44), Pedro, Manolo, David Brea, Borja Santos (Jacobo, min.75), Joselu (Tono Goyanes, min.40), Rodrigo (David Castreje, min.90),Tono da Caixa, Manuel Luís (Raúl, min.85) e Manoliño.
- CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri, Valiña, Buri, René, Alvaro Pantera, Alvaro, Mario, Jose e Sergio.
- Goles: 1-0, min.33: Manoliño, de penalti; 2-0, min.75: Pumuki; 3-0, min.79: Manoliño, de penalti; 4-0, min.85: Rodrigo.
Non mereceu traer un resultado tan abultado o Camelle de Carnota, e non porque non dispuxeran os carnotáns de ocasións, senon polo propio desarrollo do partido. Presentouse o Camelle con só once xogadores e co porteiro tocado (ainda que a postre sería o mais destacado) e contando coa volta de Jose do Gati despois da longa lesión que o tivo apartado dende o segundo partido de liga. Pero ainda así non se amedrentaron os xogadores de Camelle e tutearon durante prácticamente todo o partido a un dos “gallitos” da categoría.


Os mais destacados do partido foron Carlos Purrúa, e a volta os terreos de xogo de Jose, que vai a aportar moito ó noso equipo.
