lunes, 29 de abril de 2013

Crónica 32ª xornada

Perdeu o seu partido o Camelle na Ponte e con él prácticamente todas as opcións de ascenso directo.

  • PORTEÑO: Pablo, Oscar, Iago (Asier, min. 80), Pejo, Maikol, Parga, Mario Toja, David Toja, Ismael, Iago e Cousillas.
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Mauri (Varu, min.56), Matías, Mario, Barreiro,  Miguel Riveiro, Jose, Javi Rañal e Sergio (Tedín, min. 74).
  • GOLES: 1-0, min. 67 -  David Toja.
I eso que o partido tiña mais pinta de empate, pero os locais conseguiron un gol mediado o segundo tempo que o Camelle non foi quén de levantar.

Empezou o partido con moito respeto por ambas escadras e cun pouco de nerviosismo, ainda que foi o Porteño o que levou o peso do mesmo. Sen embargo, ese control era esteril, xa que apenas creou perigo, a excepción dunha xogada na que, pasada a media hora, enviou un balón ó longueiro de Purrúa nun lanzamento lonxano tras rexeite da defensa. Era o Camelle o que daba mais sensación de perigo nas súas chegadas, creando moita incertidume nos saques de banda que remataban sempre e cunha xogada moi rápids na que Sergio se adiantou ó porteiro local, pero o balón quedoulle un pouco atrás, dándolle tempo a Pablo a refacerse e sacar de maneira incrible un lanzamento que xa se cantaba como gol. Tamén poido adiantarse se o árbitro pitara unhas mans moi claras de Pejo dentro da área (e que él mesmo recoñeceu ós xogadores visitantes), pero o partido íriase ó descanso como comezou.

A segunda parte comezou mal para o Camelle, cando tivo que facer un cambio, obrigado por lesión, nunha defensa que xa estaba moi mermada polas baixas, e trastocar o plantexamento inicial. Mais control do Porteño e menos chegadas a porta. Sen embargo, un balón cruzado e que non foi capaz de despexar ninguén, aproveitaríao David Toja para facer o un a cero tirándose a rás do chán e marcando no segundo pau. Estirouse o Camelle un pouco e o Porteño tentouno con contras, pero o marcador xa non se movería. Un lanzamento dende o medio do campo de Matías que pasou rozando o largueiro sería a ocasión mais clara dun Camelle ó que apenas lle queda mais opción que a de ir pensando na promoción para refrendar o feito ata o de agora.

Destacar o ambiente festivo que se viveu no campo da Grixa, con dúas moi boas afecións que estiveron animando ós seus durante todo o encontro coa cordialidade que se ten que ter entre equipos veciños.Felicitar, tamén, ó Independiente de Carballo, que nesta xornada acadou o ascenso directo a Liga da Costa, onde esperamos velos o ano que ven.

Por último lembrar que comeza a Cpa da Costa para o Camelle, que xogará en Laxe o mercores 1 de Maio as 17:00 horas.

No hay comentarios: