lunes, 8 de abril de 2013

Crónica 29ª xornada


Sufrida victoria do Camelle no Rodeiro que o mantén na loita do ascenso directo.
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Mauri (Adrián Tajes, min. 65),  Valiña, Matías, Varu (Tedín, min. 60), Mario, Javi, Jose (Sergio, min. 55), Iván e Barreiro.
  • BAIÑAS: Simón, Samuel, Sergio, Sancho (Chambón, min. 75), Héctor (Yanki, min. 60), Iván, Cris, Styven, Nándo, Diego (Mario, min. 46), Adrián (Suso, min. 60)
  • GOLES: 0-1, min. 20 - Sergio. 1-1, min 35 - Carlos de Dido. 2-1, min 88 - Barreiro

Custoulle moito ó Camelle dobregar a un Baiñas ben prantado no campo pero con pouca mordente arriba.

O partido non tiña control por ningún dos dous equipos, ainda que eran os visitantes os que mellor se situaban no campo, pero sen chegabar con perigo as inmediacións de Purrúa salvo en xogadas a balón parado. E foi así como logrou adiantarse no marcador, case que no único balón que foi rematado entre os tres paus, nun saque de curruncho no que o rematador visitante se adiantaba a todos no primeiro pau. Reaccionou o Camelle e tivo tres ocasións claras nas que o porteiro visitante se luciu para sacarlle dous tiros a Jose e un coa cara a Barreiro cando xa se cantaba gol nas ateigadas gradas do Rodeiro. Pero tivo que ser o polifacetico Carlos de Dido o que co seu primeiro gol do ano nun preciso remate de testa que se colou por toda a escadra da portería vimiancesa acadara o empate que facía xustiza ás ocasións locales.


Menos entretido foi o segundo tempo, onde as ganas de conseguir a victoria se transformaron en nervios que atenazaban o xogo do Camelle e ós corazóns dos afecionados. Moita loita e poucas ocasións e onde o Camelle fixo trocos ofensivos para apurar as opcións de victoria. O Baiñas reclamou penalti nunha xogada onde o árbitro sinalou fora da área unha man, claramente involuntaria, de Carlos de Dido que si foi dentro. Tivo que ser co partido practicamente rematado cando Barreiro conseguiría o gol da victoria nunha xogada clásica súa que xa ten patentada e na que se vai con velocidade da defensa e lla cruza por riba ó porteiro, destando a alegría da afeción local.


Unha afeción que, de novo, estivo de escándalo animando ó equipo e que desfrutou da victoria cunha churrascada no propio campo coa que a directiva obsequiou a xogadores e socios para que siga a comunión entre ambos no treito final de campionato.

No hay comentarios: