lunes, 11 de febrero de 2013

Crónica 22ª xornada

Importante victoria do Camelle que o aupa á loita por unha das dúas prazas de ascenso directo.

  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, Varu, Iván, Mario, Adrián T. (Jose, min. 57), Javi Rañal e Barreiro.
  • CORCOESTO: Anxo, Sergio, Edelmiro, Germán, Pablo, Luis, Xavi (Couto, min. 65), Pablo, Javi, Rodri, Héctor (Pichuco, min. 46)
  • GOLES: 1-0, min. 6 - Barreiro, 1-1, min. 39 - Héctor, 2-1, min. 49 - Adrián T., 3-1, min. 85 - Barreiro, 4-1, min. 93 - Javi Rañal
Partido bastante malo do Camelle no que a efectividade cara o gol foi o factor determinante no resultado final do encontro.

Sobre todo na primeira metade, onde só tivo o Camelle dúas ocasións e as dúas nada mais comezar, unha de Javi que remata dende cerca tras un saque de banda, rechaza o porteiro e revolvese ben para que non chegue Adrián, e o gol ós seis minutos de Barreiro, picando por riba do porteiro un pase en profundidade de Matías. E ahí diluíuse o noso equipo, onde non foi quen de facerse co partido i era superado constantemente no medio do campo por un Corcoesto moi inocente que non conseguía crear perigo. Ata case o final deste primeiro tempo onde conseguiu empatar cun maxistral lanzamento de falta que se colou por toda a escadra da portería defendida por Purrúa.

Empezou con moita efectividade a segunda metade para o Camelle, xa que o primeiro balón que foi a portería ós catro minutos foi gol. E un bonito gol de Adrián de Barca, que estrenou titularidade no equipo da mellor maneira posible, empalmando un balón que quedou morto na frontal sen que o porteiro visitante o poidera atallar a pesar da estirada que tentou. Creaba perigo o Corcoesto pero case sempre en lanzamentos directos de falta e Purrúa tivo que emplearse a fondo en dúas ocasións para evitar que empataran os visitantes desta maneira. Tamén o poideron facer nun centro lateral tras unha perdida tonta do Camelle, pero o remate de cabexa do dianteiro visitante estrelouse contra o longueiro e foise fora. Non sería ata os minutos finais cando o Camelle se volveu a acercar a portería contraria, e faríao con perigo. Varu no 38 e en semifallo, obrigou o porteiro visitante a facer unha meritoria parada, pero nada podería facer dous minutos despois nun saque de esquina que Barreiro rematou de cabeza a pracer dentro do área pequena para facer o seu segundo gol da tarde. A puntilla conseguiuna Javi Rañal cando xa se cumprira o tempo regulamentado picando por riba do porteiro un  balón largo que peiteou  Felipe.

O mais importante son os tres puntos conseguidos e que permiten ó equipo entrar na loita directa por colocarse líder da categoría. Este martes volverá a xogar o Camelle en Coristanco as oito da tarde o partido da xornada 19 contra o Alcaián e que fora aprazado polo mal tempo. De conseguir a victoria encaramaríase a ese primeiro posto da táboa clasificatoria e sería un reforzo anímico importante ante os próximos e complicados encontros que terá que desputar en Muxía e Carballo.

No hay comentarios: