miércoles, 13 de febrero de 2013

Crónica 19ª xornada (aprazada)


Victoria do Camelle no partido aprazado da 19ª xornada e que o aupa ó mais alto da clasificación da terceira da costa, feito inédito do equipo a estas alturas do campionato.
  • ALCAIÁN:
  • CAMELLE: Carlos de Dido, Coruña (Adrián P., min. 58) Valiña, Iván, Matías, Varu (René, min. 75), Mario, Tedín (Álvaro Pantera, min. 81), Sergio (Adrián T., min. 63), Javi Rañal e Barreiro.
  • GOLES: 0-1, min. 13 - Javi Rañal, 0-2, min. 67 - Matías (penalti) 
Cambiou a cara o Camelle con respecto ó partido anterior para facerse, con bó xogo, cos tres puntos en Coristanco.

Foi moi superior, sobre todo no primeiro tempo, o Camelle, que dispuxo de moitas ocasións de gol, ainda que o colexiado do encontro anulara moitas delas por foras de xogo mais que dubidosos. De feito anulou un gol de Barreiro ós oito minutos cando foi a todas luces legal, pero tamén hai que comprender o sumamente difícil que resulta a labor do árbitro. Foi chegando ó cuarto de hora cando Javi Rañal, de disparo raso e lonxano tras unha boa xogada personal, facía o primeiro do Camelle. Gol que daría moita tranquilidade ante un equipo que non presionaba moito e permitía ós bos xogadores camelláns sacar o balón controlado dende atrás. Apenas inquietou o Alcaián a meta defendida unha vez mais por un Carlos de Dido que sempre o fai ben, xogue de porteiro o de lateral. Rematou o primeiro tempo con outro fora de xogo inexistente no que Barreiro se prantaba só contra o porteiro rival.

Foi a segunda metade de mais control do Camelle, no que intentaba ter o dominio do balón diante dun Alcaián que se estirou un pouco cara arriba, ainda que só fixo certo perigo cun lanzamento cruzado que se perdeu preto do pau dereito da nosa portería. Tamén as tivo o Camelle, como unha por medio de Sergio, que nion foi quen de definir cando só tiña diante ó porteiro. No minuto vintaedous, o pesadelo da defensa local que foi Felipe, internouse no área local e o zagueiro derribouno de maneira moi clara. O penalti foi transformado por Matías para facer o cero a dous definitivo.


Destacar que case un centenar de afecionados de Camelle se desprazaron a animar ó equipo apesar da data e do horario, dando boa conta da mágnifica afeción que ten o equipo e que debe ser un referente na costa.

No hay comentarios: