lunes, 10 de diciembre de 2012

Crónica 15ª xornada


Empate a cero no partido da xornada en terceira cun ambiente no campo digno dunha final de copa

  • CAMELLE: Carlos de Dido, Coruña (Sergio, min. 45), Iván, Valiña, Matías, Varu, Mario, Miguel (Adrián Tajes, min. 83), Tedín (Jose., min. 50), Javi Rañal e Barreiro.

  • PORTEÑO: Pablo, Cousillas, Pejo, Sestayo, Iago, Isma, Asier, Búa (Yuyo, min. 45), Mario Toja, Brais (Nené, min. 65), David Toja (Bieito, min. 75)

Partido complicado para os dous equipos que intentaron non perder e conseguirono e no que o terreo de xogo non deixou moito espacio para  o bó futbol.

Empezou o partido sen un control claro e sen ocasións de gol, feito que foi unha tónica durante todo o encontro, xa que o Porteño intentaba tocar algo mais o balón pero o camelle presionaba ben e defendía ainda mellor, ademais de ter homes con moita calidade que facían boas combinacións que o equipo visitante tentou parar as mais das veces con excesiva dureza. Reclamaron os camellans unhas mans dentro do área do Porteño mediado o primeiro tempo que o árbitro non viu, o que si fixo a media hora esta vez dentro da do Camelle ( mans que non foron xa que o xogador local tiña a marca do balón na camisola). O penalti lanzouno fora dunha portería moi ben defendida por Carlos de Dido (tras a sanción a Purrúa) o xogador do porteño. Un lanzamento de falta de Matías que saiu preto do longueiro foi a xogada mais perigosa do Camelle neste primeiro tempo.

Dous cambios ofensivos fixo Pupus no comenzo da segunda metade para tratar de ir polo partido e gañou profundidade o equipo con mais chegadas a portería porteña. Barreiro nunha internada que desviou o porteiro a corner, un lanzamento lonxano de Jose que saiu lambendo a escadra puxeron en apuros ós visitantes antes de que o árbitro anulara un gol a Mario por presunto empurrón de Sergio a un defensa, falta moi dubidosa que eu, personalmente, non apreciei e que pudo decantar o partido de bando local. Os visitantes tampouco crearon perigo mais que en balóns colgados o área, xa fora en lanzamentos de falta ou en saques de banda, buscando sempre a altura do seu xogador Pejo (que probablemente debería ser expulsado pola súa brusquedade, xa que fixo varias entradas moi perigosas e mais tendo en conta o estado do terreo de xogo). Sen embargo, ningún dos dous equipos foi capaz de inclinar o marcador para o seu lado e o resultado, que non é malo para ningún dos dous, pódese considerar xusto.

Só lamentar que o campo estivera moi blando polo que leva chovido nestas semanas e co paso dos minutos fora sendo mais dificil xogar o balón con comodidade. Por outra banda cabe salientar o lado extradeportivo, xa que o partido foi unha auténtica festa nas bancadas, onde mais de medio MILLEIRO de afecionados deron cor a unha tarde de futbol, cun ambiente digno dunha final de Copa da Costa. A afeción do Camelle non deixou de animar ó seu equipo dando unha imaxe moi boa; ademais, a afeción do Porteño acudíu en gran número a animar ós seus debido a proximidade e a boa marcha que leva o equipo nesta temporada na que son os máximos favoritos ó ascenso.

Hoxe colgaremos as fotos do encontro na páxina de facebook do Camelle, e mañan e pasado farémolo coas da afección e coas da cea de Navidade do sábado da SD Camelle

1 comentario:

Anónimo dijo...

muy ben ton dacordo contigo en todo sigue asi de aqui o pullizer