martes, 4 de diciembre de 2012

Crónica 14ª xornada


Importante victoria do Camelle en Nantón previa ó partdo contra o lider da clasificación.
  • NATÓN: Bonano, David, Carlos Santos, Félix, Diego, Martín, Cachi, Amado (Rubén, min. 75), Dani Costa (Luís, min 46), Carlos Vidal, Iván (Ernesto, min. 24)
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, René (Varu, min. 52), Mario, Jose (Tedín, min. 57), Miguel, Javi Rañal (Sergio, min. 77) e Barreiro (Coruña, min. 89).
  • GOLES: 0-1, min. 24 - Matías (de penalti); 0-2, min. 78 - Barreiro
  • EXPULSIÓNS: min. 22 o porteiro local, min. 55 - Purrúa
Partido mais igualado do que dí o marcador final e no que o Camelle foi quen de aproveitar as ocasións que tivo mentres que o Nantón non o fixo.

Entrou mellor no partido o Nantón, controlando mais o xogo e con mais intensidade que os nosos, que non estaban cómodos no campo, ainda que sen crear apenas perigo. Pero un bo pase deixou só a Miguel que driblou ó porteiro e este derribao claramente, pitando o árbitro penalti e a expulsión do porteiro local. Matías encargouse de marcar o seu terceiro gol de penalti da tempada. Con un menos diluíuse o control do Nantón, e o partido igualouse, xa que ningún dos dous equipos tiña un dominio claro nin crearon apenas ocasións en todo o que restaba de primeiro tempo, apenas algún lanzamento lonxano de Matías e algunha internada local que remataba con malos disparos a porta.

 Foi distinta a segunda parte, onde si houbo ocasións, ainda que só o Camelle conseguiría marcar. Entrou no descanso o pichichi da competición e o Nantón deu mais sensación de perigo, ainda que non tivo o seu día e desaproveitou duas claras ocasións, pero tamén provocou a expulsión ós dez minutos do noso porteiro. Con igualdade númerica no campo o partido converteuse nun ida e volta constante, dónde o Nantón intentaba atacar e o Camelle sair a contra. Foi nun balón recuperado por Mario na frontal da nosa área e conducido por él mesmo o que lle chegou a Sergio, que dou un magnífico pase no que o balón chegou a Barreiro para facer o cero a dous definitivo. O Nantón ainda tivo tempo de mandar dous balóns ós paus da portería defendida por Carlos de Dido, pero o resultado non variaría mais ata o pitido final do árbitro.

Novamente rematou o Camelle o partido moi separado nas súas líneas, coa defensa moi preto da frontal da área, co que o Nantón tratou de aproveitar os ocos e foi cando mais perigo creou. Hai que intentar sacar o equipo mais ó medio do campo para non pasar apuros finais. De novo a afeción de camelle de dez, dando exemplo polos campos da costa.

No hay comentarios: