martes, 27 de septiembre de 2011

Crónica 5ª Xornada

Primeira victoria da temporada do Camelle no campo do Corcoesto
  • CORCOESTO: Siro, Germán, Edelmiro, Manuel, Rodri, Luis, Uru, Carlos Longo, Pablo, Javi e Miguel.
  • CAMELLE: Carlos, Cristian (Adrián, min.60), Diego, Manuel, Coruña (Buri, min.60), Iván, Varu (Alberto, min 75), Valiña (René, min.70), Martín (Sergio, min.45), Felipe Barreiro e Mario.
  • Goles: 0-1, min.12: Iván, 0-2, min. 25: Barreiro, 0-3, min. 32: Barreiro, 0-4, min. 50: Barreiro, 1-4, min.75: Miguel, 1-5, min.76, Mario, 2-5, min.78, Miguel, 2-6, min.80, Mario, 3-6, min.80, Rodri, 3-7, min.82, René, 4-7, min.85, Miguel.
Partido con menos historia da que indica o marcador xa que, ata o minuto 75, o Camelle dominaba e controlaba completamente o encontro cun claro cero a catro, e que se volveu tolo nos minutos finais pero sempre claramente faborable ó noso equipo.

Dominou o Camelle a primeira metade no medio do campo cun gran partido de Varu, que foi o dono do xogo, e rápidamente se puxo o marcador a favor cun gol de Iván. Barreiro en dúas xogadas, unha nun rápido contragolpe perfectamente culminado cunha vaselina pola escadra e con outro gol nun regalo do porteiro local cerraron a primeira metade cun 0-3 que deixaba práctimente sentenciado o partido. Non estivo parado o Corcoesto, que abusando de balons en largo tivo dúas ocasions neste primeiro tempo con sendos tiros ós paus.

Comezou a segunda metade como a primeira e marcou Felipe o seu terceiro gol ós poucos minutos. Cos cambios tornou o conto e ca marcha de Varu o partido volveuse tolo cun montón de goles en poucos minutos. Fallos defensivos e do noso porteiro permitiron que o Corcoesto maquillara un marcador que redondearon Mario en dúas ocasións e René cun gran gol nunha fermosa xogada do propio Mario.

Agradoulle moito a magnifica afeción de Camelle, que se volveu a desplazar en masa para animar cun comportamento exquisito ó equipo, o bo trato do balón que sempre intentaron ter os nosos rapaces que, nun campo en non moi boas condicions, sempre tentaron baixar a pelota e xogar en curto.

E difícil cando se produce un resultado así destacar a alguén e ser xusto, pero os mais destacados do encontro foron Barreiro, Varu e Diego, ainda que outros como Valiña, Cristian, Mario ou Adrián poderían estar aquí.

1 comentario:

Anónimo dijo...

estou deacordo contigo animos e a polo monte louro