martes, 13 de septiembre de 2011

Crónica 3ª Xornada

Inxusto resultado o colleitado no derbi polo noso equipo que mereceu mais contra o Porteño.
  • PORTEÑO: Asiel, Pejo (Tajes, min.65), Yago (Quilmes, min.55), Yago Sestayo, Maikol, Cousillas, Asier, Ismael, Sergio

  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Diego, Manuel, Juanjo, Iván, Alvaro, Valiña (Buri, min.73), René (Sergio, min.55), Felipe Barreiro e Mario.
  • Goles: 1-0, min.80: Cousillas.
Tivo que loitar moito o Porteño para sacar un resultado positivo contra un Camelle que vai a mais partido a partido e que si segue nesta línea pronto empazará a acadar bos resultados nesta liga.
Empezaron os dous euipos intentando xogar o balón pero ningún dos dous conseguía ter ocasións claras de gol, ainda que era o Camelle con rápidas incursions de Felipe e de Mario o que daba a impresión de poder adiantarse no marcador. A igualdade marcou os dous tempos do encontró pero só co paso dos minutos e cun xogo mais físico o equipo local conseguiu nun rebote adiantarse no marcado a poucos minutos do final.
Non se rendiu o Camelle e estivo a piques de empatar na última xogada do partido, pero Sergiño non foi capaz de culminar en gol una magnifica xogada colectiva cun último pase de Alvaro que o deixou só diante do porteiro.
En ningún momento o Camelle foi inferior a un equipo feito como o Porteño e que é un dos grandes favoritos a estar na loita polo ascenso.
Donde non houbo color foi nas ateigadas gradas do campo de Camariñas, onde os siareiros camellans gañaron por goleada (tanto en número como en animosidade) ós nosos vecinos.
Por último, e non por elo menos importante, destacar a boa labor dunha directiva que está a traballar a reo para que os rapaces de Camelle poidan practicar deporte e estar unidos. Como vemos nos outros equipos hai moitos xogadores que non son do lugar no que xogan e en Camelle podemos estar moi contentos e orgullosos de que todos os nosos rapaces son de Camelle (Buri, ainda que é de Arou está casado en Camelle e ten un fillo camellán) e sinten como nadie o noso escudo.
ANIMO RAPACES, SEGUIDE ASI QUE SODES OS MELLORES!!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

bueno rapaces hay q janar o outes q vai sendo hora pero vamos polo bo camiño.PODEMOS