Empate a cero no partido da xornada en terceira cun ambiente no campo digno dunha final de copa
- CAMELLE: Carlos de Dido, Coruña (Sergio, min. 45), Iván, Valiña, Matías, Varu, Mario, Miguel (Adrián Tajes, min. 83), Tedín (Jose., min. 50), Javi Rañal e Barreiro.
- PORTEÑO: Pablo, Cousillas, Pejo, Sestayo, Iago, Isma, Asier, Búa (Yuyo, min. 45), Mario Toja, Brais (Nené, min. 65), David Toja (Bieito, min. 75)
Empezou o partido sen un control claro e sen ocasións de gol, feito que foi unha tónica durante todo o encontro, xa que o Porteño intentaba tocar algo mais o balón pero o camelle presionaba ben e defendía ainda mellor, ademais de ter homes con moita calidade que facían boas combinacións que o equipo visitante tentou parar as mais das veces con excesiva dureza. Reclamaron os camellans unhas mans dentro do área do Porteño mediado o primeiro tempo que o árbitro non viu, o que si fixo a media hora esta vez dentro da do Camelle ( mans que non foron xa que o xogador local tiña a marca do balón na camisola). O penalti lanzouno fora dunha portería moi ben defendida por Carlos de Dido (tras a sanción a Purrúa) o xogador do porteño. Un lanzamento de falta de Matías que saiu preto do longueiro foi a xogada mais perigosa do Camelle neste primeiro tempo.
Só lamentar que o campo estivera moi blando polo que leva chovido nestas semanas e co paso dos minutos fora sendo mais dificil xogar o balón con comodidade. Por outra banda cabe salientar o lado extradeportivo, xa que o partido foi unha auténtica festa nas bancadas, onde mais de medio MILLEIRO de afecionados deron cor a unha tarde de futbol, cun ambiente digno dunha final de Copa da Costa. A afeción do Camelle non deixou de animar ó seu equipo dando unha imaxe moi boa; ademais, a afeción do Porteño acudíu en gran número a animar ós seus debido a proximidade e a boa marcha que leva o equipo nesta temporada na que son os máximos favoritos ó ascenso.
Hoxe colgaremos as fotos do encontro na páxina de facebook do Camelle, e mañan e pasado farémolo coas da afección e coas da cea de Navidade do sábado da SD Camelle
1 comentario:
muy ben ton dacordo contigo en todo sigue asi de aqui o pullizer
Publicar un comentario