Este fín de samana xogamos en Lombáns (Carnota) ante o Lira, un equipo que, xunto co Camelle, foi dos que mais progresou en relación a tempada pasada, e nestes momentos da competición, atópase séptimo con once puntos.
A temporada pasada o Lira rematou en decimocuarta posición con 27 puntos, tres mais que o Camelle, e no enfrontamento contra o noso equipo en Lira o resultado foi favorable para o Lira por dous goles a cero (Non hai crónica dese partido).
XORNADA: 9ª_ LIRA CF - SD CAMELLE
DATA E HORA: Domingo 28 de Outubro 2012 ás 16:30h (fonte: siguetuliga)
PREVISIÓN METEOROLÓXICA: Intervalos nubrados con chuvias febles ocasionais, vento moderado do nordés, temperatura en torno ós 14ºC (fonte: meteogalicia)
ÁRBITRO: Gesto Lago, Jacobo (fonte: futgal)
O partido desputarase no campo municipal de Lombáns de Carnota, de herba artificial e de 90x57m, as cores oficiais do Lira son pantalón branco e camisola roxibranca.(A información de que o partido se desputa en Carnota en lugar de en Lira sae da páxina da Federación Galega de fútbol)
CONVOCATORIA: A partir das 23 horas en facebook Camelle .
No hay comentarios:
Publicar un comentario