Moi boa victoria do Camelle en Carnota diante do Lira antes do partido de descanso.
- LIRA: Miguel Anxo, Pelexo, Hermi, Manolo (Fran, min. 40), Isma, Germán (Abel, min. 80), Miguel, Cristian (Tono, min.40) (Saúl, min. 60), Suso Patachín (Santi, min. 40), Óliver e Suso Perico.
- CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel (Coruña, min. 80), Matías, René (Buri, min. 74), Barreiro, Sergio (Adrián Tajes, min. 56), Jose (Tedín, min. 65), Miguel e Javi Rañal (Álvaro Pantera, min. 92).
- GOLES: 0-1, min. 90 - Barreiro.
- EXPULSIÓNS: Coruña e un xogador liracho, min.89.
Durísimo partido o desputado en Carnota fronte a un Lira intenso pero que apenas dispuxo de ocasións de gol claras.
|
Falta Matías min.45 |
Se comparamos o partido cun combate de boxeo podese dicir que o Camelle noqueou ó Lira no último asalto nun partido que tiña gañado ós puntos. Empezou dando o Camelle cun tiro ó pau os seis minutos cando un lanzamento de Jose petou no lombo de Javi despistando ó porteiro pero golpeando o balón na madeira. Tras varios lanzamentos do Camelle a portería sen moito perigo chegou a ocasión mais clara do Lira en todo o partido os vintesete minutos cando nun remate de cabeza no borde da área pequena, o balón se perdeu preto do pau defendido por Purrúa. Seguiuno intentando o Camelle con ocasións de René, e Sergio pero sen moito perigo. O partido era bastante trabado e varios xogadores do Camelle tiveron que ser atendidos por golpes na cara, ademaís o Lira tivo que facer neste primeiro tempo ata tres cambios por lesións musculares de xogadores. Na última deste primeiro tempo unha falta de Matías saiuse por milímetros co pitido final.
|
Javi Rañal ó pau co porteiro batido |
Mais do mesmo no segundo tempo, cun Camelle insistindo unha e outra vez sobre a portería liracha, esta vez con ocasións mais claras. Un pase perfecto de René en profundidade tocouno Sergio cara atrás dende a liña de fondo e O porteiro paroulle a Jose o remate a bocajarro. Seguiu con unha doble de Jose e Javí que non foron capaces de marcar en tres tiros consecutivos, un deles sacado baixo paus pola defensa co porteiro xa batido e outra de Javi, que enviou ó pau cando xa regateara ó porteiro, ou un lanzameno lonxano de Miguel que saiu lambendo o pau. Non era capaz o Lira de crear ocasión e o máximo perigo que creaban era con centros longos ben resoltos pola defensa camellana ou rematados sen perigo. Foi no último minuto, e cando os dous equipos se quedaron con dez no campo, cando nunha xogada que este ano se está a repetir moito entre Barreiro e Javi, deixou só ó primeiro tras unha magnifica parede no borde do área que Felipe resolveu de maneira maxistral por riba do porteiro, conseguindo o gol dunha victoria merecida.
|
Gol Barreiro no último min. |
Cabe destacar a magnífica afección do Camelle que novamente acompañou de maneira masiva ó equipo, e ós xogadores non habituales, que últimamente non estaban a ter moitas oportunidades, e raiaron a gran nivel no encontro nos minutos que desputaron.