lunes, 12 de marzo de 2012

Crónica 30ª xornada

Volveu a perder o Camelle na casa dando a cara diante dun dos grandes da categoría.
  • CAMELLE: Carlos Purrúa, Carlos de Dido, Manuel, Mauri, Adrián, René (Valiña, min. 70), Varu (Iván, min. 55), Jose (Tedín, min. 65) , Sergio (Buri, min. 80), Barreiro e Mario.
  • CABANA: Añón, Eloi García, Jose, Fariña (Rubén García, min. 65), Marcos, Sandro, Adrián (Pablo, min.73), Diego (Miki, min.72), Fernando (Pancho, min. 82), Ruben Rama e Eliseo (Moreno, min. 88) .
  • Goles: 0-1, min.60: Miki, 0-2, min.67: Eliseo, 1-2, min.75: Mario (de penalti).
Outro bo partido do Camelle sen premio e outra vez diante dun dos grandes que é onde os noso xogan o seu mellor futbol ainda que novamente sen premio.


Nunha primeira parte onde o partido estivo moi igualado o único que levou perigo a portería contraria foi o noso equipo, que tivo por medio de Sergio, ó pouco de principiar o partido, unha gran ocasión para desnivelar o marcador pero na que o seu lanzamento marchou fora por pouco. Tamén Manuel rematou cerca do pau un saque de esquina botado por Varu. Despois moito control e moi pouco perigo en ambas portas, pero con boas sensacións por parte dos nosos.

Empezou a segunda metade polo mesmo camiño pero o Camelle a contra podía acadar algo mais. Foi nestas cando nunha boa xogada se plantou só Mario diante do porteiro visitante (o mellor do seu equipo) que fixo un paradón ó seu lanzamento axustado desviandoo a corner. Adiantouse inxustamente o Cabana nun lanzamento de falta sen perigo aparente pero no que Carlos non andivo fino. Entón o Camelle subeu as liñas o centro do campo para tentar presionar mais arriba e acada-lo empate, pero o que chegou foi o segundo gol do Cabana noutro despiste de Carlos que co equipo arriba estaba debaixo dos paus. Non se rendeu o Camelle que recurtou distancias nun lanzamento dende os once metros de Mario  nunha xogada un tanto rigurosa e na que o porteiro cabanés fixera dous paradóns (un a Barreiro e outro a Adrián) antes de facerlle o penalti a Adrián. Cos cambios feitos intentou o equipo a igualada, pero esta xa non chegaría, ainda que as sensacións foron boas antes de derbi contra o Xaviña da vindeira semana.
Novamente a afeción deixou a súa pegada nas gradas do Hermanas Patiño, causando admiración incluso no equipo visitante, que se maravillaban do ambiente cun punto de envexa.

1 comentario:

Anónimo dijo...

estuben alí .. e o empate sería o resultado xusto