Inxusta derrota do Camelle na casa diante dun Laxe que non mereceu os tres puntos.
- CAMELLE: Carlos Purrúa, Carlos de Dido, Manuel, Coruña (Buri, min. 80), Adrián, René, Iván, Jose (Varu, min. 75) , Sergio , Barreiro e Mario.
- LAXE: Diego, Rellán (Illote, min.78), Aarón, Naya, Ventura, Jacinto (Saleta, min. 46), Borja, Roi (Rivera, min. 46), Darío, Samuel e Iván Ferreiro.
- Goles: 0-1, min.6: Samuel, 1-1, min.20: Barreiro, 1-2, min.48: Saleta, 2-2, min.52: Mario (de penalti), 2-3, min. 89: Saleta.
I e que o pouco acerto cara o gol dos camelláns impediu que o Laxe saira non só goleado de Camariñas senon cunha victoria a todas luces inxusta.
Nunha primeira parte igualada e moi entretida ambos equipos intentaron controlar o encontro, ó comezo o Laxe e pouco a pouco o noso equipo que se foi facendo co mesmo. Empezou marcando o Laxe cando ainda non se saira da caseta co que conseguiron crear incertidume nos nosos xogadores, que pouco a pouco se foron asentando no partido ata que Barreiro conseguiu de vaselina o empate. Foi con este cando o Camelle se fixo co control do partido e poido adiantarse antes do descanso nun lanzamento a porta baleira de Barreiro a pase de Mario (ver foto do instante) que se lle marchou por riba cando xa non había porteiro.
Pero foi na segunda parte, na que o Laxe marcou nada mais empezar o segundo gol en claro fora de xogo e o Camelle empataba de penalti por mans da defensa por medio de Mario cinco minutos despois, na que o Camelle deu un autentico baño os Laxenses, con constantes chegadas a portería (Barreiro tivo tres man a man co porteiro nas que duas llas parou o acertadísimo cancerbeiro e noutra lle fixeron un penalti que viu todo o mundo menos o árbitro) e cun xogo combinativo que desarbolou totalmente a un equipo da zona media alta da clasificación, pero sen acadar o premio do terceiro gol. A dez minutos para o final unha acción discutible mandou para a caseta a Varu e ó porteiro visitante, trastocando o que ata ese momento se vira no campo, e aprobeitando o Laxe para facer co tempo case cumplido un gol que lle daba os tres puntos que non merecera en toda a tarde.
Agradecer de novo a afección o seu apoio e mandarlle dende aquí un saudo ó Coruña, que sufriu no partido un forte golpe que lle causou unha pequena fractura no nocello e un forte esguince, ¡¡¡Ánimo Ángel!!.