lunes, 19 de diciembre de 2011

Crónica 20ª Xornada

Regalo de Nadal do Camelle ó Cerqueda no último partido.
  • CAMELLE: Carlos, Adrián, Carlos de Dido, Mauri, Cristian (Juanjo, min.45), Buri (Álvaro Pantera, min. 60), Valiña, Tedín, Sergio (Alberto, min.80), Mario, e Barreiro.
  • CERQUEDA:Rubén, Javi Pazos, Juan, Javi, Nión, Cane, Sante, Maikol, Lorenzo, Dani Añón (Juanjo, min.55), Manu.
  • Goles: 0-1, min.10: Lorenzo, 0-2, min.18: Dani, de penalti, 1-2, min. 25: Sergio, 1-3, min.28: Lorenzo, 2-3, min.75: Mario.
Levou o agasallo de Papa Noel o Cerqueda por anticipado do campo do Camelle nesta última xornada do ano. I é que tan só os propios erros do noso equipo foron os que fixeron que marcharan os tres puntos para terras malpicanas.
Empezou moi nervioso e desubicado o Camelle que regalou un balón dentro da área que non foron capaces de despexar entre tres xogadores para que o dianteiro do Cerqueda marcase fácil o un a cero cando case nen se empezara a suar no campo. Pero a cousa non se arreglou cando pouco despois Mauri cometeu un claro penalti onde ninguén o chamara para que o Cerqueda se puxese co partido de cara. Pero foi este o punto de inflexión do partido, o punto onde os nosos rapaces se puxeron a xogar e a dominar o encontro. Empezou avisando Felipe nun bo desmarque co que quedou só diante do porteiro pero a vaselina que intentou saiu fora por moi pouco; tras un rápido saque de banda conseguiu Sergio recurtar distancias e traer esperanzas tanto ós propios xogadores como a multitude de afecionados que, unha vez mais, se deron cita no Hermanas Patiño. Seguiu por esa senda o Camelle (a do bo xogo e a presión) en nun bó desmarque chegou o penalti e a expulsión do porteiro Cerquedense. Non foi capaz Barreiro de conseguir o empate dende os once metros (e levamos tres fallos de tres lanzamentos). Para mais colmo, na seguinte xogada, unha indecisión entre Adrián e Carlos de Dido nun balón franco para a defensa, converteuse nun man a man entre o dianteiro visitante e o noso porteiro para converterse no un a tres.
Non camboiu nada este gol e continuou o Camelle co bo xogo e co dominio do encontro (axudado pola inferioridade numérica do Cerqueda). Foi así durante todo o que quedou de partido pero só Mario mediada a segunda metade e cun gran gol foi capaz de recurtar distancias e achegar ó equipo a un resultado positivo. Finalmente non poido ser e un efectivo Cerqueda conseguiu marcar tres goles en tres lanzamentos a portería gracias ós nosos propios erros.

Os mais destacados do partido foron Sergio e Mario. Pero tamén hai que decir que deberíamos ter un pouco mais de tranquilidade e intentar xogar ó futbol olvidándonos de circunstancias externas ó equipo, como poidan ser os árbitros ou o público. Todos sabemos que esta é a categoría federada mais baixa do pais, co que os árbitros tamén son da mesma categoría, pero o que temos que facer é xogar mellor que os demais e olvidarnos de culpar a outros de cousas que nós poderíamos solucionar.
Ánimo equipo, que xogando como neste partido sacaranse bos resultados en breve.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

xogando como o facedes a cachos non deberiades de ter problemas para ganar partidos coma o do sabado.Tedes que poñerlle remedio a eses momentos que vos despistades e falar entre vos un pouco mais no campo e non teredes problemas.Olvidadevos do arbitro e da grada e non baixedes os brazos.FORZA E SORTE.

Mario dijo...

ANO NOVO, LIGA NOVA
Veña hostia, que coa actitud que se xogou nestes últimos partidos os resultados teñen que chegar. Deixamonos muitos puntos polo camiño en partidos nos que non merecemos perder e nos que sólo nos faltou un pouko de experiencia e sangre fría.Partidos contra o Muxía, Soneira, Porteño, Cerqueda... foron partidos nos que tiñamos que sacar polo menos algún punto e incluso outros partidos nos que levamos goleadas o resultado foi moi engañoso. Non vou dicir ahora que levando 7 ó lombo merecemos ganar pero sí que houbo varios partidos que tampouko se mereceu perder por tanta diferencia.
Agora queda por diante prácticamente toda a segunda volta da liga e xogando así,recuperando a xente que está lesionada e con ESTA PEDAZO AFICIÓN seguro que ganaremos moitos máis partidos.
Próximo obxectivo: Gañarlle o alcaian!!!!!

¡¡¡¡¡Ca-me-lle!!!!!!!