martes, 28 de agosto de 2012

Plantilla tempada 2012-2013

Antes de que comece a tempada esta fin de semana, vamos a facer unha relación de altas e baixas na plantilla do Camelle para o presente curso.

O groso do bloque será o da pasada campaña, confiando, básicamente, en xogadores de Camelle ou cunha relación directa co noso pobo. Con respecto a este bloque do ano pasado non renovaron para esta tempada os seguintes xogadores: Alberto, Martín, Juanjo (os tres sen equipo coñecido para este ano), Juan Rubén (rumorease que vai para o Soneira B) e Cristián (que segue entrenando co equipo gañandose un oco).

Polo lado das Altas temos: Matías (Baio), Adrián (Porteño) e Miguel (estaba sen equipo ainda que o ano pasado xogou unha parte da tempada no Cee). Tamén está previsto fichar a un porteiro, Juan (Soneira Juveniles) pero antes ten que obter a carta de liberdade do seu anterior equipo.

Con estes movementos creo que se mellora moito o plantel e vai ser moi complicado facerse un oco, non só no equipo titular, senón mesmo para entrar na convocatoria, pero a competencia sempre foi boa e fará que os que queiran xogar se poñan as pilas e dean o mellor de si mesmos, o que irá en beneficio do propio grupo.

Dende aquí só queda desexarlle sorte ó equipo, e os xogadores que teñan un bó ano, que non leven golpes e que non se manquen, que é o mais importante.

No hay comentarios: