miércoles, 24 de agosto de 2011

1ª Xornada - Previa

A primeira xornada da liga xa está aquí, e o noso equipo empeza a tempada xogando contra o difícil equipo do Cerqueda que o ano pasado completou unha magnífica campaña quedando nun meritorio quinto posto a só seis puntos de acada-lo ascenso á segunda autonómica, co que se converte nun dos favoritos da presente campaña.

O partido desputarase no campo municipal “Xaviña” de Buño, (100x60m) de herba artificial. As cores oficiais do Cerqueda son camisola e pantalón Branco, polo que deberíamos xogar coa segunda equipación, pero tras acordalo coa directiva do Cerqueda, o debut oficial será coa primeira equipación.

Dende aquí desexarlle ó equipo os mellores desexos para a tempada.

1ª Xornada:
     - Fecha e hora: Domingo 28 de Agosta ás 18:30 horas
     - Campo: Municipal “Xaviña” de Buño (sintético)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gracias por la información, es de mucha utilidad.